O luns comeza a reparación da ponte peonil da Xunqueira de Alba

46

A Concellaría de Medio Ambiente que xestiona a concelleira Anxos Riveiro, inicia este luns, 28 de xullo traballos de rehabilitación integral da pasarela peonil da Xunqueira de Alba que se atopa pechada ao tránsito de peóns debido á súa perigosidade. Aínda que se manterán os elementos de suxeción da ponte, a Concellaría acordou substutuir todos aqueles que se atopan en avanzado estado de podredume: valado, travesas, vigas, entre outros.
En torno as 10.30 horas do luns, un camión de grandes dimensións chegará á Xunqueira de Alba para descargar as pezas de gran tamaño (vigas curvas de até 9 metros entre outros elementos), e un trailer grúa anclará a ponte para garantir a súa seguridade e suxeición durante estes traballos.
Durante unha semana, aproximadamente, substituiranse as travesas do chan, as vigas en curva da ponte e tamén a balaustrada da ponte, dado que moitos destes elementos atópanse nun importante estado de deterioro.
As pezas, -todas de madeira- foron construídas nestas últimas semanas nunha fábrica e trasládanse xa rematadas até a Xunqueira para facilitar o tránsito peonil entre ambas marxes do río Rons, e da Xunqueira.