O Concello aproba máis de 500.000 euros en novos investimentos

43

O Goberno Local celebrou esta mañá unha Xunta de goberno extraordinaria para aprobar distintos procedementos de contratación e unha adxudicación, todos eles por un importante superior aos 500.000 euros.
Raimundo González Carballo, portavoz do Goberno explicou que esta Xunta aprobou:
• A apertura da contratación do proxecto de aforro enerxético de Domingo Fontán, dende o Burgo até o nó de Bombeiros por 101.098,08 euros.
• A apertura da contratación do convenio asinado coa Deputación para a instalación da iluminación pública no tramo da ronda entre Médico Ballina e a Porta do Sol, por 105.972,36 euros.
• Iniciar o proxecto de contratación da mellora estrutural da estrada da Pontesa até o núcleo de Ponte Sampaio, e deste punto até o núcleo de Acevedo, por valor de 241.117,67 euros.
• Adxudicación á empresa Setga da iluminación do entorno do centro de cultural de Marcón, por valor de 75.116,80 euros.