Primeira visita oficial ao desdobramento da avenida de Vigo

66

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores acompañado dos concelleiros Luís Bará, Carmen Fouces e Pilar Comesaña visitaron esta mañá os primeiros traballos das obras do desdobramento da avenida de Vigo, que "se desenvolven a moi bo ritmo". Xa está realizado o desbroce de toda a parcela, e neste momento trabállase na explanación do terreo.

Segundo adiantou o concelleiro Luís Bará, encargado do seguimento desta obra, "somos optimistas porque vanse cubrindo os prazos. Cabe lembrar que neste ano temos que xustificar uns 2 millóns de euros". Nas vindeiras semanas decidirase se as obras complementarias tamén se poderán ir facendo a medida que se execute o vial.

Luís Bará lembrou que "estamos pendentes de celebrar unha xuntanza na zona para explicar as mellores que se presenten nos proxectos definitivos que se entregarán en breve ao Concello, polo que confiamos en facer esta reunión cara finais de setembro ou primeiros de outubro".

O concelleiro concretou que non se iniciarán os traballos de reurbanización da avenida de Vigo até que non rematen as obras do novo viario.