“Os tres porquiños”

77

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?

A resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?

Destinado a público familiar con nenos e nenas de 3 a 7 anos. Prezo: dende 5 €. Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com