“Panorama Kids”

75

“Panorama Kids” é un musical para toda a familia no que interveñen os 20 compoñentes da Orquestra Panorama, que interpretarán temas de carácter infantil, tanto actuais como clásicos.

O argumento do espectáculo é de corte contemporáneo e está baseado en situación cotiás vividas pola propia orquestra, que amosará a parte humana dos artistas. Para isto contarán coa colaboración dunha gran actriz galega recoñecida a nivel nacional, como é María Mera.

Toda a música de Panorama Kids estará interpretada en directo polos músicos da orquestra, que interactuarán co público ao longo do espectáculo. Os diferentes números e acrobacias aéreas e a delicadeza e vistosidade das diferentes coreografías fan de Panorama Kids un espectáculo diferente e novidoso.

A primeira sesión será ás 17 h. e a segunda ás 19.30 h. Prezo: dende 10 €. Entradas anticipadas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com