Balance da Concellaría de Sanidade Animal

85

O concelleiro de Sanidade animal, Miguel Filgueira, fixo balance esta mañá do traballo realizado neste departamento durante todo o ano. A pesar das campañas de sensibilización ao respecto de adopcións e evitar abandonos de cans e gatos, segundo o concelleiro "as cifras son malas". De feito, até este momento se recibiron na canceira municipal 391 entradas de cans abandonados, dos cales arredor de 20 foron recuperados polos seus donos.

Entre as problemáticas, a maior parte dos abandonados non tiñan chip e hai un grande número de animais de caza. Ademais, neste verán apareceron un grande número de cadelas paridas ou a punto de parir.

De todos os xeitos, as campañas de sensibilización para adopcións tiveron a súa resposta. De feito máis de 340 cans foron adoptados durante o ano. E na actualidade a canceira ten 173 cans, cando a súa capacidade é para 150 animais.

O Concello chipeou a 85 cans neste ano, e 105 en 2013.

Miguel Filgueira explicou que as obras da canceira están a piques de rematar. Investíronse 200.000 euros para facer as obras máis importantes, e os flecos que quedaron pendentes estanse a executar coas brigadas municipais. A pesar de atoparse en obras, a salubridade e a comodidade na canceira incrementouse considerablemente dende o inicio dos traballos.

Ao respecto dos gatos, o Concello leva dous anos esterilizando e castrando colonias. Até o de agora actuouse sobre uns 190 animais en colonias do ambulatorio da Parda, do Hospital, Ernesto Caballero, Montecelo, en Lérez, e no Torrente Ballester. E estase a traballar en Mugartegui, Santa María, e na gasolinera do Burgo.

Pola súa banda, a Asociación Palleiros que xestiona a canceira pon en marcha este domingo a iniciativa A árbore solidaria. Será na praza de Ourense dende as 11 até as 20.00 horas. Grazas a un donativo, un cidadán poderá colgar a foto dun can na árbore que instalarán na praza.

Ademais, editou un calendario palleiro para recadar fondos que contribuía a xestión da canceira que pode ter uns gastos anuais de máis de 60.000 euros.