XXX Gala da Agrupación Celme

75

Con motivo do seu XXX Aniversario, a Agrupación Folclórica Celme tráenos unha gala innovadora, cunha posta en escena fresca e un ritmo vibrante que sorprenderá o público pontevedrés, na que mostrará gran parte da riqueza da cultura galega recollida durante os seus longos anos de dedicación a través da música, o canto e o baile.

Poderemos gozar dun espectáculo variado, entretido e animado, todo grazas á ampla experiencia que atesoura un dos mellores grupos folclóricos galegos. Ademais, o grupo recordará o seu paso polos 14 países nos que actuou e levou con orgullo o nome de Pontevedra e Galicia.

Tamén participarán na gala como convidados de honra o Grupo Carallana de Cariñena (Aragón) e o Grupo de Gaitas Esbardu de Avilés (Asturias). E como non, participarán tamén como convidados diferentes excompoñentes que pasaron polas filas da asociación, entre os cales se encontra o recoñecido gaiteiro Oscar Ibáñez.

Prezo: dende 4,20 €. Entradas anticipadas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com