Quinta Justa nace para promover a grupos de música de Pontevedra

65

O Local de Música acolleu esta mañá a presentación da empresa Quinta Justa, un proxecto empresarial destinado á promoción dos grupos locais de música, e que saíu do Local de Música, polo que "se trata dun proxecto moi querido por nós porque producimos a materia prima coa que traballará", explicou o concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez esta mañá durante a presentación da empresa.
O responsábel de Xuventude indicou que o Concello seguirá a impulsar o sector empresarial, especialmente o cultural, de ámbito local, de aí a aposta decidida nos últimos anos polo Local de Música, situado na rúa Otero Pedrayo.
A presentación oficial de Quinta Justa será mañá, 10 de xaneiro, a partir das 18.00 horas, cos seguintes actos:

• 18.00 horas. Música de Quinta Justa e pinchos no bar Ánimas
• 20.00 horas. Presentación Audiosual na Gramola
• 21.00 horas. Viño no bar Bagos e Pintxoviño
• 22.30 horas Concertos no bar Trueque. Cada grupo de Quinta Justa tocará dous temas, logo farase unha Jam nos que poderán participar todos os músicos que estean presentes.