“Contos de Titiritrapo”

73

A Compañía Nuevos Públicos Escénicos presenta este espectáculo de teatro con monicreques para escolares de 3 a 6 anos. Dobre función: ás 10:00 h. e ás 12:00 h.

“Contos de Titiritrapo” é o fantástico mundo dos animais que habitan nos contos de Perrault, Grimm, Alfonso X O Sabio… e outros contistas do mundo.

Tamén é a música de Bach, Mozart e Brahms que xorde máxica e alegre das cordas do violín. Sobre o escenario, un músico e unha actriz dan vida a moreas de personaxiños por medio da danza, o xesto e o ritmo. A súa incrible fauna está fabricada con materiais reciclados do máis insospeitado: paraugas, pinzas, pratos, zapatillas… Obxectos que, doutro xeito, terían rematado tristemente no lixo e que outorgan a este xesto de reutilizar e reciclar unha bonita ensinanza.

Función pertencente á programación de artes escénicas para escolares.

Reserva para centros educativos en www.escolares.afundacion.org