Urbanistas iberoamericanos coñecen o modelo de Pontevedra

65

O Concello de Pontevedra participa a vindeira semana -o mércores, 11 de febreiro-, no Ciclo de boas prácticas en iberoamérica organizado pola Federación Iberoamericana de Urbanistas, e impulsado pola Universidade Autónoma de Barcelona. A sede da conferencia será a Sala de Graos da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Autónoma.

Neste encontro o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, impartirán unha conferencia de hora e media baixo o título Pontevedra, unha cidade modelo. Premio Dubai 2014: Mellor práctica UN-Habitat.

A conferencia pode seguirse en streaming na mesma páxina da Federación Internacional de Urbanistas, previa inscrición de balde.

Aproveitando a súa visita a Barcelona, o alcalde e o concelleiro de Infraestruturas manterán unha xornada de traballo co Departamento de Xeografía Urbana da Universidade Autónoma "para concretar liñas de investigación sobre as pectos do modelo urbano de Pontevedra", segundo explicou César Mosquera.

Ver documento PDF