“Barreiro. Santa María de Cela un entorno máxico”

100

Nesta exposición o pintor pontevedrés José Barreiro fai un percorrido pola súa vida a través da súa obra. Así poderán contemplarse cadros que van desde o seu adolescencia pontevedresa aos seus anos de mozo en París e Bos Aires, para terminar coas súas creacións en Santa María de Cela, engadíndolle ás súas pinturas unha serie de esculturas que complementan a mostra.

A exposición está comisariada por Celestino Lores e conta con textos do propio autor e de Xosé Antón Castro e Alberto Bargiela.

Do 6 de febreiro ao 15 de marzo no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Rúa Padre Amoedo, 3. Pontevedra. Horario: de martes a sábado, de 10 a 21 h. Domingos e festivos, de 11 a 14 h. Luns pechado.