A inspección do IAE reporta case 450.000 euros ao Concello

188

A Concellaría de Economía e Facenda, que xestiona Raimundo González Carballo, realizou durante este mandato unha inspección do Imposto de Actividades Económicas (IAE) no Concello que supuxo uns ingresos extras para as arcas municipais de 494.498,53 euros, ademais de a actualización dos padróns que implicarán un incremento de 110.000 euros anuais no cobro deste imposto.

Segundo explicou Raimundo González Carballo esta mañá, na inspección detectouse que 30 empresas estaban tributando mal, polo que se lles fixo unha liquidación dos últimos catro anos (2010-2013) o que supuxo eses 450.000 euros de ingresos. Na actualidade a maior parte das empresas xa pagaron a súa débeda, e os 60.000 euros que están pendentes son, aínda están en período voluntario de cobro.

Ademais da inspección dos últimos catro anos, esta actualización permitiu incrementar o padrón do IAE de 193.000 euros a 303.000 euros, que xa se abonaron no ano 14.

Das 30 empresas inspeccionadas: tres tributaban conforme a lei, unha non atendeu o requerimento e as restantes incumprían no pago do imposto, aínda que en distinta medida.

O concelleiro de Economía e Facenda explicou que esta inspección “está na liña de eliminar as posibles bolsas de fraude, e depurar os padróns buscando a equidade impositiva. Non se trata de pagar máis, senón de que paguen todos”, concluiu Raimundo González Carballo.