O Teatro Principal nova parada da xira “Carta blanca” de Quique González

128

O Teatro Principal será o escenario do concerto que o compositor e músico Quique Gonzalez  dará na nosa cidade o 21 de xuño. Estará encuadrado dentro da xira “Carta Blanca”, concebida como un tour moi especial no que o madrileño actúa en solitario, en recintos pequenos e cun repertorio aberto que cambiará cada noite en función das suxestións do público.

As entradas poderanse mercar nos próximos días en ATaquilla.com (antigamente servinova) a un prezo de 20 euros en venda anticipada e 25 euros o mesmo dia na billetteira no caso de non esgotarse.

A xira botaba a andar o pasado 28 de febreiro en Salamanca e percorrerá entre outras cidades coma Donostia, Barcelona, Madrid, Pamplona ou Almería.

O artista cunha ampla traxectoria e 9 álbumes na súa discografía, amósase moi ilusionado con esta xira e declarou recentemente “Fue mágico descubrirme haciendo lo mismo que hacía cuando empezaba a tocar en clubs de Madrid hace 20 años, pero después de haber grabado nueve discos que nunca he conseguido ver juntos en mi estantería”.

Esta actuación súmase a do artista Pablo Alborán que terá lugar o 11 de setembro na explanda do Recinto Feiral e completa a oferta musical programada polo Pazo da Cultura.