Aberta a inscrición para dous obradoiros de Pisando forte

186

A Concellaría de Xuventude, a través do programa Pisando Forte, mantén aberta a inscrición para nos obradoiros “Recursos na nosa lingua para o tempo libre” e “Como traballar na industria musical”, nos que se ofrecen 20 prazas cada  un.

O primeiro dos obradoiros estruturarase en áreas: musical, xogo, expresión oral e escrita, TIC´s, educación ambiental e contidos sociolingüísticos.

Nos espazos de socialización dos máis novos (campamentos, escolas, ludotecas, …) úsanse moitos produtos culturais, recórrese á rede para atopar actividades e fanse moitos xogos, mais, constátase que moitas veces as opcións en galego fican no descoñecemento, carecendo case por completo de contacto co noso idioma e acabando por ter dificultades importantes para se expresar en galego.

Este curso impartirase os días 20, 22, 23, 27, 29 e 30 abril, entre as 17 ás 19 horas, no Pazo da Cultura. O curso terá unha duración de 20 horas e ofértanse 20 prazas.

“Como traballar na industria musical”

No obradoiro “Como traballar na industria musical” falarase sobre as posibilidades de vivir da música. O sector musical como fonte de negocio e como definir a proposta de valor/diferenciación do proxecto. O sector musical ofrece innumerables oportunidades de traballo.

Este obradoiro impartirase no Local de Música, o sábado 18 de abril, de 10 a 14 horas.

A inscrición está aberta a través do formulario de pre-inscrición do Programa Pisando Forte 2015 na https://xuventude.pontevedra.eu ou presencialmente na Oficina de Xuventude na Casazul en horario de 9 a 14.30 h.