Pontevedra acolle esta fin de semana o xurado do Premio da Crítica 2014

348

Dende mañá Pontevedra será o epicentro da literatura do Estado dado que na fin de seman se darán cita na cidade os críticos que integran o Xurado do Premio da Crítica para dar a coñecer este prestixioso galadrón de ámbito estatal. O Concello de Pontevedra aproveita a reunión do xurado, para elaborar un programa de actos previos á reunión e resolución do xurado.

Estes actos previos, abertos ao público son:

  • Martes, 14 de abril
    • 19.30 horas. Casa das Campás. Mesa redonda sobre “Diálogo sobre a crítica literaria hoxe en Galicia”. Participan:
      • Isabel Mociño, secretaria da Asociación Galega da Crítica
      • Ramón Nicolás, crítico de La Voz de Galicia
      • María Xesús Nogueira, presidenta da Asociación Galega da Crítica
      • Coordina: Olivia Rodríguez González, vogal crítica galega na AECL (Asociación Española de Críticos Literarios).
  • Mércores, 15 de abril
    • 19.00 horas. Casa das Campás. Presentación do libro Pontevedra, Laranxeiras e Limoeiros. Ana Acuña, Víctor Freixanes e Olivia Rodríguez.
    • 19.30 horas. Casa das Campás. Conferencia “Humanismo e crítica literaria. O premio da Crítica” a cargo de Ángel Basanta, profesor, crítico literario e presidente da AECL.

A chegada dos membros do xurado do Premio da Crítica 2014 chegarán a Pontevedra o xoves, 16 de abril, e permanecerán na cidade até o sábado, cando está previsto dar a coñecer a resolución do xurado. O programa de actos é o seguinte:

  • Xoves, 16 de abril
    • 20.30 horas. Recepción oficial no Pazo de Mugartegui.
  • Venres, 17 de abril
    • Roteiro cultural pola cidade de Pontevedra, ofrenda floral ante a tumba do trovador Paio Gómez Chariño.
    • 16.30 – 21.00 horas. Reunión do xurado nas salas de Afundación.
      • 16.30-17.30 horas. Reunión plenaria da AECL. Sala do Consello
      • 17.30-21.00 horas. Xurado de narrativa (Sala do Consello) / Xurado de poesía (Sala de reunións).
  • Sábado, 18 de abril
    • 09.30-11.30 horas. Reunión plenaria do xurado. Sala do Consello de Afundación.
    • 12.00 horas. Comparecencia pública no Café Moderno.

 

Integran o xurado do Premio da Crítica 2014:

Xunta diretiva:

  • Ángel Basanta (Presidente, El Cultural de El Mundo)
  • Fernando Valls (Vicepresidente en Barcelona, Babelia, El País)
  • Javier Goñi (Vicepresidente en Madrid, Fundación Juan March)
  • Pilar Castro (Tesoureira, El Cultural de El Mundo)
  • Enrique Turpin (Secretario, La Vanguardia)
  • Araceli Iravedra (Vicesecretaria en funciones, Universidad de Oviedo)

Polos medios de comunicación:

  • Francisco Díaz de Castro (Diario de Mallorca)
  • Ángeles Encinar (Ínsula)
  • José Luis Martín Nogales (Diario de Navarra)
  • José Antonio Ponte Far (La Tabla Redonda)
  • José María Pozuelo Yvancos (ABC Cultural, ABC)
  • Olivia Rodríguez González (Grial)

Por sorteo ante Notario:

  • Xelo Candel (Universidad de Valencia)
  • Juan José Lanz (Cuadernos Hispanoamericanos)
  • Fernando Martínez Laínez (La Jungla de Asfalto)
  • Julia Uceda (Premio Nacional de Poesía)
  • Tomás Val  (Mercurio)
  • José Jurado Morales (Universidad de Cádiz)

Por las literaturas en lingua catalana, galega e vasca

  • Lluïsa Julià (Associació d´Escriptors en Llengua Catalana)
  • Ramón Nicolás (La Voz de Galicia)
  • Javier Rojo  (Universidad del País Vasco)