Premios da campaña de dinamización comercial “Creemos en Pontevedra”

195

A Casa da Luz foi o escenario da entrega dos premios da campaña “Creemos en Pontevedra”, organizada polo Banco de Sabadell-Gallego coa colaboración da Concellería de Promoción Económica, para estimular as vendas no comercio local.
A concelleira Carlota Román entregou os premios aos gañadores acompañada do director de zona da entidade bancaria, Rafael Mato Fariña, e a directora da oficina de Pontevedra, María Reyes Montes Alvarellos.
Os premiados resultaron ser María Isabel Pazos Paz, quen deberá gastar os 3.000 euros en locais comerciais adheridos á campaña. Dáse a circunstancia de que a gañadora non era cliente do Banco SabadellGallego. Pola súa banda, o local premiado con 1.000 euros foi Redinor S.L. Recolleu o premio Pablo Conde Domínguez.
A campaña celebrouse entre o pasado 2 e 31 de marzo. Participaron un total de 423 comercios e tivo unha gran repercusión, pois entregáronse 16.000 boletas para o sorteo entre o público. Ademais, repartíronse 6.000 bolsas promocionais da campaña entre o público.