“A bicicleta de Ghislain Lambert” pecha o Cyclocinema de Pontenbici

246

O Concello de Pontevedra pon fin mañá á programación do Cyclocinema coa proxección da película “A biciccleta de Ghislain Lambert”. Trátase dun filme que transcorre cara a finais de 1970, onde o protagonista non é un líder, non é o campión, senón un do monton, do pelotón, un “looser” en toda regra, un personaxe que non sairá nas enciclopedias do deporte, pero é a historia de esperanza sen futuro de un ciclista pequeno e mediocre. É un personaxe bufon da súa propia desgraza.

Esta película é unha comedia agridoce que narra a incapacidade de aceptar os nosos propios límites, de chegar ata autoxenerarse dano coma único camiño para alcanzar a fama. Malia a todo é unha cinta que se desmarca pola súa fina sencillez e pola súa bela épica derrotista.

Pontenbici