Colaboraración co centro Suh para campamentos de verán para todos os nenos

199

A Concellaría de Benestar Social Municipal e o centro deportivo Suh, situado no barrio da Parda de Pontevedra inician este verán unha colaboración en campamentos de verán multideporte que se celebrarán nas instalacións do Casino Mercantil en Mourente. O centro deportivo, que leva cinco anos realizando estes campamentos, ofrece 20 prazas para nenos de familias usuarias dos servizos de Benestar Social. En concreto, a Concellaría ofrecerá estas prazas para os fillos das mulleres vítimas de violencia doméstica e tamén para os nenos incluídos no programa de educación familiar que xestiona a Fundación Meniños.

Os campamentos impartiranse nos meses de xullo e agosto, e este grupo de rapaces (de 4 a 15 anos) non terán cotas de inscrición. Serán de balde.