O Concello repón nos comercios os carteis de prohibido a venda de alcol e tabaco a menores

85

A Concellaría de Benestar Social a través do Plan Municipal de Prevención de Condutas Adictivas iniciou esta semana o reparto de cartelería da normativa sobre as medidas reguladoras da venda, subministro, consumo e publicidade do tabaco e alcol a menores de 18 anos entre establecementos da cidade que teñen máquinas espendedoras de tabaco.

            Esta acción ponse en marcha a través do Plan Municipal de Prevención de Condutas Adictivas co obxectivo de facilitar o cumprimento das citadas normativas (Lei 42/2010 que modifica a Lei 28/2005- BOE núm. 318 do 31 de decembro de 2010 e Lei 11/2010-DOG núm. 248, do 28 de decembro de 2010).

            O ano pasado entregouse cartelería en establecementos da cidade, e nesta campaña estanse repoñendo os carteis deteriorados e entregando novos a todos aqueles comercios que o soliciten.

            Se algún local precisa exemplares pode solicitalos ao e-mail pgonzalez@pontevedra.eu