Máis de 250 nadadoras participan este luns no Trofeo pontevedrés de Natación Sincronizada

104

O Concello de Pontevedra e o Club Natación Sincronizada Pontevedra organizan este luns, 22 de xuño o Trofeo Concello de Pontevedra de Natación Sincronizada, que este ano chega á súa sétima edición. Neste evento tamén colabora o Casino Mercantil e Industria de Pontevedra que cede as instalacións de Mourente para a celebración deste torneo.

            En dúas sesións de mañá e de tarde, o Mercantil contará coa participación de seis clubs galegos entre os que destacan: Real Club Naútico de Vigo, Club Sincro Rías Baixas de Vigo, Club Aguamarina Sincro, Club Natación Coruña, Club Sincro Obradoiro e C.N.Sincro Pontevedra cun total de 255 nadadoras repartidas en 47 coreografías que, acompañadas das súas músicas dentro e fóra do auga, ofrecerán unha xornada divertida e amena.

            Trátase dunha xornada composta por competición de rutinas de equipo e combo das categorías de Base I, II, III e IV, que serán valoradas por xuíces da Federación Galega de Natación no referente a o seu grado de dificultade, mérito artístico e sincronización. Competición que se intercalará coa exhibición de rutinas de sos, dúos, equipos e combos das categorias de nivel alevín, infantil e xuvenil. Estas últimas son as coreografías que competerían durante o Campionato Galego de Nivel dos días 20 e 21 de xuño e que representarán á Sincro Galega nos Campionatos. de España de finais de xuño en Sabadell e mediados de xullo en Granollers.

            Entre as deportistas máis premiadas ao longo de todas as tempadas e, concretamente, durante 2014, destaca a nadadora Alba Quiroga Silveira que terminou a tempada con podium en todas as modalidades de competición a nivel galego: ouro en figuras, só, dúo e equipo e bronce en combo da categoría xuvenil. Seguida de Elena Silva Angel con ouro en combo, prata en figuras, duo e equipo e bronce en só dentro da categoría alevin.

            Con este campionato o Club Natación Sincronizada Pontevedra pretende promocionar a práctica deportiva como medio de adquisición de hábitos saudables e socialización na poboación infanto-xuvenil, con especial dedicación ao ámbito deportivo feminino.

Sincronizada horario

Sincronizada regulamento