O Concello presenta as alegacións contrarias a dar carpetazo á caducidade de Ence

75

O Concello de Pontevedra celebrou esta mañá unha Xunta de Goberno extraordinaria para aprobar as alegacións que o Concello presenta ante o Ministerio de Medio Ambiente contrarias ao peche do expediente de caducidade da concesión de Ence-Elnosa en Lourizán nos termos recollidos pola resolución da administración do Estado.

Dende o Concello se pide que se atendan as alegacións municipais, tal e como recollen na documentación que se adxunta, e se reitera que o Concello non deixará de loitar por recuperar a enseada de Lourizán para uso e goce de toda a cidadanía, como nunca tivo que deixar de ser.

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera explicou que o Concello continuará loitando con todos os medios que teñan á súa disposición para acadar o seu obxectivo: recuperar a enseada de Lourizán para todos os pontevedreses.

Alegacións municipais contra o expediente de caducidade de Ence