Ábrese ao tráfico o desdobramento da avenida de Vigo con total normalidade

198

O Concello de Pontevedra abriu esta mañá ao tráfico o desdobramento da avenida de Vigo con carácter provisional para poder continuar os traballos de reurbanización da avenida de Vigo, dado que implica o peche dun dos carrís da rúa que dende esta mañá queda reducida a un só carril de tráfico de saída da cidade.

A apertura produciuse con total normalidade e non derivou en complicación ningunha para o tráfico en todo este ámbito. Ademais, complementouse coa apertura parcial do estacionamento de balde próximo ao Torrente Ballester (está pendente a colocación dunha valado para delimitar a parcela, que se instalará nestes días), que xa estaba en funcionamento a primeira hora.

Esta mesma mañá comezaron os traballos na avenida de Vigo, e continúan a bo ritmo na senda peonil do Gafos. A última parte da obra será o cruzamento das rúas Fernández Ladreda, con avenida de Vigo e avenida da Estación.

As obras continúan a ritmo alto, e a previsión é poder telas rematadas antes do inicio do vindeiro curso escolar.