Máis de 240.000 euros para urbanizar a subida á igrexa de Mourente

133

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proxecto de contratación da mellora do vial dende a estrada de Ourense até a igrexa de Mourente por un importe de 240.332 euros. Trátase de dotar de beirarrúas,  pasos elevados, beiravías, rede de recollida de augas pluviais, bolardos… e outros elementos para darlle a esta vía de entrada á parroquia de Mourente dos “parámetros das obras urbanas”, explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González Carballo.

Ademais, tamén se aproborá o proxecto de contratación e mantemento das vías rurais por valor de 241.995 euros. É un contrato que pretende arranxar pequenas obras no rural como fresados e pavimentados pequenos, construccións de muros, canalizacións das augas pluvias para evitar que discorran polas vías rurais…