A Subida Cidade de Pontevedra chega este ano á súa 18ª edición

260

O Concello de Pontevedra e a Escudería Ciudad de Pontevedra organizan a Subida Cidade de Pontevedra que se celebará esta fin de semana, 4 e 5 de xullo, e que chega á súa 18ª edición.

Este ano presenta varias novidades: cambia o trazado trasladando á saída uns 300 metros máis arriba da saída inicial, e cambia o fina, que continúa na segunda glorieta cara a área recreativa da Fracha e xira á esquerda no seguinte cruzamento cara o Polígono industrial da Reigosa, onde remata na rúa paralela a Cristalería Pontevedresa.

Outra das novidades é que as verificacións administrativas e técnicas faránse no peirao das Corvaeiras.

Para máis información consulta o blog da Subida.