A participación: marca de identidade do presente mandato

165

Luís Bará, Carmen Fouces e Alberto Oubiña serán os tres concelleiros encargados da nova carteira de participación urbana, baixo a coordinación do primeiro. Trátase dun proxecto que quere achegarse a todos os puntos da cidade e “implicar a toda a cidadanía e aos colectivos na busca da mellora da convivencia”. Poderanse facer melloras materiais pero tamén inmateriais, polo que o departamento creará canles e formas de participación con convocatorias xerais -posiblemente dúas ao ano-. De feito, a primeira será este xoves, 9 de xullo, ás 20.30 horas no CITA. Nesta convocatoria xeral poderán participar todos os colectivos que o desexen: veciños, culturais, anpas, profesionais…

Nesta primeira reunión presentaranse as liñas de traballo do departamento de participación urbana.

Ademais, tamén farán convocatorias sectoriais por temas concretos, por exemplo a que haberá este martes, 7 de xullo, ás 20.30 horas nas escaleiras do Hospital Provincial, onde se presentará o proxecto da nova praza do Hospital.

“Poremos todas as enerxías e esforzo para que a participación sexa a marca de identidade e distinción deste mandato”, indicaba Luís Bará.

Carmen Fouces explicou que o ámbito de traballo será a cidade, e nel abordaranse moitos elementos: mobilidade, accesibilidade, seguranza viaria, especialmente nos ámbitos escolares e sanitarios; conservación e mellora do ámbito urbano facendo especial fincapé nos espazos públicos e de lecer, o mobiliario e os equipamentos; o alumeado, a limpeza viaria, recuperación de solares, eliminación de valados, intervencións artísticas en medianeiras… serán outros dos moitos elementos competencia deste novo departamento.

Carmen Fouces indicou que será preciso “contar con todos os colectivos e facer realidade o gran soño da cohesión social”.

Alberto Oubiña lembrou que os tres concelleiros “teremos dispoñibilidade máxima” polo que a cidade estará distribuída en tres ámbitos:

  • Luis Bará: coordinador e responsable dos barrios do Burgo, A seca, Monte Porreiro e o centro histórico.
  • Carmen Fouces: dende a Avenida de Vigo até a Ponte do Burgo: Campolongo, Mollabao, San Roque, Moureira…
  • Albero Oubiña: a zona norte e leste da cidade, dende a Ponte do Burgo até a avenida de Vigo: Gorgullón, A parda, Barcelos, San Antoniño…

O obxectivo deste programa “é conseguir que as persoas defendan o que é de todos”.

Luís Bará:

Carmen Fouces:

Alberto Oubiña: