Máis de 212.000 euros para organizar eventos, axudar a clubes e mellorar instalacións deportivas

117

 O Instituto Municipal de Deportes (IMD) celebrará o vindeiro luns, 13 de xullo, unha xunta reitora na que se debatirá unha modificación de crédito por valor de 249.100 euros.

As partidas máis significativas van destinadas á mellora de infraestruturas deportivas do concello, e especialmente á organización de diversas actividades deportivas, así como a axudas á promoción da actividade física e do deporte. Entre todas elas o investimento é de 212.000 euros.

As partidas que inclúen a modificación de crédito son:

  • Servizos extraordinarios do persoal do IMD: 15.000 euros
  • Indemnización por asistencia a órganos colexiados: 6.500 euros
  • Actuacións no Pavillón Municipal: 40.000 euros
    • Subministro e colocación de balizas de sinalización nos peldaños das escaleiras do Pavillón Municipal: 19.366,05 euros
    • Subministro de sinalización de vías de evacuación: 2.000 euros
    • Subministro e instalación de xenerador para subsministro de enerxía de reserva: 18.633,95 euros.
  • Accións de mantemento e conservación nos pavillóns e campos de fútbol municipais: 20.000 euros.
    • Reparación da zona de acceso a Pavillón Multiusos de A Xunqueira: 6.795,36 euros
    • Subministro material combustible para sustitución da iluminación dos campos de fútbol: 4069,14
    • Sustitución da iluminación no Pavillón C.P. Xunqueira II: 9.135,50 euros.
  • Axudas para a promoción do deporte: 52.600 euros.
    • Subvencións para a organización das Escolas deportivas municipais 2015-2016: 42.600 euros
    • Subvencións do 4º trimestre de 2015 con carácter excepcional e de grande interese público: 10.000 euros.
  • Organización de actividades deportivas de grande interese social: 100.000 euros.
    • Carreira popular Santiaguiño do Burgo: 10.000 euros
    • Carreira popular Campañó 2015: 8.000 euros
    • Medio Maratón Cidade de Pontevedra: 25.000 euros
    • Campos balonmán Cidade de Pontevedra “Davor Cutura” 2015: 12.000 euros
    • Torneo internacional de Balonmán “Cidade de Pontevedra”: 35.000 euros
    • Torneo internacional de Balonmán base “Cidade de Pontevedra”: 5.000 euros
    • Trofeos e medallas: 5.000 euros.
  • Adaptación do servizo do IMD á administración electrónica: 15.000 euros.

 Esta modificación de crédito vai incluída na orde do día da Xunta reitora do IMD que abordará a Conta Xeral do ano 2014, así como a proposta de aprobación do expediente para a contratación das obras de substitución de bombas de calor por caldeiras de biomasa na sala de máquinas no Pavillón Municipal, e a convocatoria para a concesión de subvencións para o desenvolvemento de actividades de iniciación deportiva durante a tempada 2015-2016.