O Concello seguirá adiante co proxecto de saneamento do Gafos

138

O Concello de Pontevedra seguriá adiante coa obra “ben con fondos propios ou en colaboración con outras administracións”. É a resposta do Goberno local á decisión de Augas de Galiza de anular o convenio para o saneamento do río Gafos aludindo a que non da tempo de levar a cabo unha actuación que está dentro do programa Operativo Feder Galicia 2007-2013, que obriga a que as accións subvencionadas estean executadas antes do remate do ano 2015.

“Augas de Galiza vén de efectivizar unha decisión tomada no ano 2011”, sinala a concelleira de Urbanismo, Carme da Silva que recorda que hai catro anos a Xunta dera marcha atrás cando a obra estaba adxudicada a Copasa. Neste tempo o Concello dixo en reiteradas ocasións que se non quería facelo que lle transferisen os fondos e se facían cargo “cousa que Augas de Galiza non quixo porque non queren facer a obra, e non queren facer ese investimento en Pontevedra”.

O alcalde Miguel Fernández Lores incluirá o proxecto na axenda de temas a tratar na xuntanza que mantendrá coa presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, nos próximos días.

Para o Concello o saneamento segue a ser un proxecto “fundamental” por elo “agardarmos que Augas de Galiza e a Xunta non o torpedeen” subliña a concelleira. O novo proxecto de mellora da rede de sumidoiros no río Gafos foi aprobado inicialmente por acordo da Xunta de Goberno local o pasado 13 de xullo e está en período de exposición pública, que remata a próxima semana.

O proxecto con todos os informes preceptivos e autorizacións de paso para construír as canalizacións agás a de Augas de Galiza -cando menos non consta, maila terse instado expresamente o 23 de xaneiro de 2015– para atravesar os treitos que discorren polo dominio público e zonas de protección no río Gafos e Pintos.

En agosto do 2013 o alcalde Miguel Fernández Lores, acompañado do concelleiro César Mosquera reunirase co entón conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Fernández e o presidente de Augas de Galiza e acordan “desatascar” o proxecto, sen resultados e co intento no medio de construír as mini depuradoras rexeitas pola administración local e polos veciños.

A concelleira de Urbanismo afea a conducta de Augas de Galiza por comunicar a resolución do convenio (anulación) por fax ás cinco da tarde do venres, tras intentar contactar sen éxito por teléfono, cando o rexistro de saída da Xunta ten hora de 12.55. “Querían que non recibísemos o comunicado até o luns para mandar a nota de prensa aos medios o venres pola tarde” indicou Da Silva. E iso que o alcalde e o presidente da Xunta falaron na última reunión de manter unhas correctas relacións institucionais.

Carme da Silva: