O Concello incrementa nun 125% as partidas para axudas á cooperación internacional

154

O Concello de Pontevedra incrementará un 125% as partidas destinadas a proxectos de solidariedade e proxectos internacionais de cooperación, segundo informou esta mañá o portavoz do Concello, Raimundo González Carballo quen explicou que na vindeira modificación de crédito que se tratará incrementarase 25.000 euros os proxectos internacionais humanitarios (até o de agora tiñan unha consignación de 15.000 euros), e outros 25.000 euros para o Fondo Galego de Cooperación, que xa ten unha asignación de 25.000 euros ao ano.

Raimundo González indicou que dende o Concello de Pontevedra se entende que “este problema non se pode abordar de maneira individual, senón que ten que ser dun xeito global por iso acordamos achegar máis cartos ao Fondo Galego de Cooperación para facer máis forte a axuda humanitaria”.

Tamén quixo aclarar que neste momento “estase a facer moito postureo político, e o que hai que facer é unha consignación económica”, explicou González Carballo, quen engadiu que “si fixeran falla máis achegas, estaríamos dispostos”.

Estas partidas irían destinadas ao auxilio de refuxiados “xa que a situación que están a pasar é calamitosa, e precísase unha aposta do conxunto das institucións para botar unha man”.

Raimundo González Carballo: