A zona verde da rúa Filgueira Valverde será o parque Amalia Álvarez

140

A nova zona verde situada entre as rúas Filgueira Valverde e Paxariñal, na unidade de actuación número 18, pasará a chamarse parque Amalia Álvarez, en recoñecemento á viúva de Alexandre Bóveda, unha das moitas vítimas directas da represión.

A Comisión de Benestar Social, Cultura e Dinamización Sociocultural ditaminou esta mañá por unanimidade de todos os grupos políticos municipais este acordo, que será ratificado o vindeiro luns, 19 de outubro no pleno municipal.

Esta zona verde completarase con árbores dado o significado que tiñan para Amalia Álvarez.