O pobo saharaui recibirá 25.000 euros para facer fronte ás perdas das últimas chuvias

102

A Xunta de Goberno acordou esta mañá iniciar o expediente para a concesión dunha axuda de 25.000 euros ao pobo saharaui, logo das intensas chuvias rexistradas hai unha semana que afectaron gravemente aos campamentos, incluso, ao hospital.

Esta axuda trátase dun compromiso adquirido polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores coa Asociación en defensa do pobo saharaui que viu agravada a súa xa penosa situación nestas semanas debido ás condicións meteorolóxicas.