A diabete infantil centra os actos do 14 de novembro, Día Mundial da enfermidade

74

A Asociación de Nen@s con Diabete de Galicia (Anedia) traballa na visibilización e normalización da vida escolar e cotián dos pequenos diabéticos e o Concello de Pontevedra dalle soporte loxístico ao amparo do programa Hedra de Casazul. Xuntos colaboran na programación do Día Mundial da Diabete que celébrase o próximo sábado 14 de novembro que arranca hoxe mesmo con obradoiros nos comedores escolares de Pontevedra, Vigo e A Coruña.

Exercicio, medicación e alimentación son os tres eixos sobre o que pivotan os coidados das persoas con diabate e os obradoiros escolares postos en marcha e que concluirán o venres cunha comida saudábel para todos e con información detallada da súa composición de hidratos de carbono, proteínas, grasas,…

O mesmo venres, 13 de novembro, terá lugar unha actividade lúdica musical na praza do Concello a partir das 19.00 horas, unha media hora máis tarde alumearase de azul, a cor da diabete, a Casa Consistorial. Tamén lerase un manifesto polo Día Mundial da Diabete, escrito por nenos e nenas con diabete.

A xornada do día 14 adicarase ao deporte coa celebración dunha carreira popular, a Milla pola Diabate, a partir das 17.00 horas. Até agora están inscritas 300 persoas. A inscrición segue aberta  www.millapoladiabete.com