Aprobado o Plan de Conservación do Enil do Gafos

132

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o Plan de Conservación do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) do río dos Gafos nas que figuran as actuacións relativas ao mantemento deste espazo natural en relación á conservación do seu arborado; control das especies invasoras; da flora e fauna…

Este documento ten que ser aprobado polo pleno municipal antes de ser enviado á Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva.

O portavoz do Goberno, Raimundo González explicou que neste documento aparecen unha serie de actuacións de conservación e mantemento que se irán executando paseniñamente.

Memoria plan de conservacion Enil