O Municipal acolle este sábado o II Torneo Cidade do Lérez de Ximnasia Rítmica

89

O Pavillón Municipal dos Deportes acolle este sábado, 28 de novembro, o II Torneo Cidade do Lérez de Conxuntos de Xinmasia Rítmica organizado polo Club Treboada. Neste encontro participarán 37 conxuntos inscritos en todas as categorías base e federado. Serán 210 ximnastas.

Está previsto que acudan a esta cita os mellores conxuntos de Galicia, ademais do mellor de España que é o Club Mabel de Benicarló de Castellón (infantil e Junior).

As competicións comezarán ás 10.00 horas.

Grazas á participación de Manola Belda e Branca López -adestradoras e coreógrafas do Club Mabel-, o Clinic que se realizará nun aula do Pazo de congresos vaise a quedar pequena xa que 38 adestradoras de toda Galicia, ademais das seis xuíces do evento máis unha coordinadora da Federación galega visualizarán videos da competición e farán un coloquio con dúbidas, confirmacións das puntuacións das xuízas e do xeito de buscar solucións aos posibles erros de execución e dificultade.

Ademais ás 18:00 horas no Pavillón Multiusos Manola Belda xunto a 53 ximnastas de toda Galicia, realizará unha xornada técnica pensada na execución corporal e dos aparellos, en corrixir e ensinar a técnica das dificultades corporais, os enlaces, os pasos rítmicos e o manexo dos aparellos. Ensinaralles o seu método de adestramento, variedade dos adestramentos, ballet aplicado á rítmica en barra e, sobre todo, as correccións e a motivación da ximnasta.

 

Relación Adestradoras Clinic

Relación Inscritos Xornada con Manola

Clinic doTorneo Cidade do Lerez

Relacion Inscritos II Torneo Cidade Do Lerez