Cántamo en Galego! Encontro con Superoito

66

O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña Piai, asistirá mañá ao encontro co grupo Superoito dentro do proxecto Cántamo en Galego!, que a súa concellaría desenvolve conxuntamente con Onda Cero Radio. A cita será ás 19.30 horas no Local de Música de Pontevedra.

Susana Pedreira e Carlos Pereiro coversarán cos membros do grupo de rock-garage-punk de Ordes, Superoito, que veñen de pechar xira con grande éxito e están a preparar un novo disco para o ano que vén. A seguir, haberá oportunidade para que o público que asista ao acto faga as súas preguntas e, ao remate do faladoiro, Superoito porá en escena algún dos seus temas.

Cántamo en Galego é un espazo musical radiofónico no que cada luns, durante o programa Pontevedra na Onda, danse a coñecer todas as novidades da produción musical en galego: discos, concertos, certames, festivais, eventos…