O Leis organiza esta fin de semana o III Torneo de Reis nos pavillóns da Xunqueira

67

Os pavillóns da Xunqueira acollerán este fin de semana o III Torneo de Reis organizado polo Leis Marcón Fútbol Sala no que participarán 32 equipos que disputarán 88 partidos e nos que participarán máis de 400 deportistas das categorías dende prebenxamín até xuvenil.

O torneo no que participarán equipos como o Burela, Noia, Verín, Cies-Vigo, Hércules, Valga, Beade…, pretende ampliar as súas fronteiras de cara a futuras citas para saír de Galiza e, incluso, convidar a equipos doutros estados.

O torneo disputarase nos pavillóns multiusos da Xunqueira e tamén no da Xunqueira II o sábado e domingo, en horarios de 09.00 a 21.00 horas. O sábado será a fase de grupos e o domingo serán os encontros de semifinais e finais, ás que se clasificarán os catro primeiros equipos de cada categoría.

A organización do torneo optou por un sistema de competición en modo de liguilla que asegure catro partidos para cada equipo, e 5 partidos. Cada grupo estará composto por 5/6 equipos que se enfrontarán entre si, para determinar o primeiro, segundo, terceiro e cuarto clasificado que xogarán unha semifinal entre si, enfrontándose o primeiro contra o cuarto e o segundo contra o terceiro. Estes enfrontamentos determinarán a final que se xogará o día 3, no Pavillón Municipal de Pontevedra.

Ademais de presentar o Torneo de Reis, o Leis Marcón F.S. presentou esta mañá nunha comparecencia conxunta coa concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, o calendario solidario para o vindeiro ano. Neste calendario, cada mes, ten unha causa solidaria ou destacada para ter en conta como o respecto ao árbitro, o traballo en equipo, deporte adaptado, autoestima, igualdade de xénero, inclusión social, medio ambiente, hixiene postural, compatibilizar deportes e estudo, os pais e o deporte, alimentación sa e capacidade de esforzo e superación.

O Leis tamén felicita o ano no seguinte vídeo de Nadal:

Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=aZe1DdAl8-M

Cartel Torneo Reis do Leis