Benestar Social inicia a tramitación dun novo contrato para o Servizo de Axuda no Fogar

72

A Concellaría de Benestar Social Municipal iniciou nestes días os trámites para unha nova adxudicación do contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello, tanto da Lei de Dependencia como do municipal. O contrato, adxudicado na actualidade á empresa Clece, podía continuar cunha prórroga de até catro anos, pero o Servizo considera que é mellor sacalo a nova contratación. De feito, será  preciso empregar parte desa prórroga mentres se rematan os pregos.

O Servizo de Axuda no Fogar atende a unas 140 persoas no municipio de Pontevedra ao ano (incluíndo aos usuarios tanto da Lei de Dependencia como o municipal). Este servizo ofrece máis de 5.000 horas de atención a dependentes ao mes.

O custe do SAF ronda os 800.000 euros ao ano.

A concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces explicou que nos novos pregos que están a elaborar os servizos técnicos do departamento, incluirán cláusulas sociais tal e como aprobou a Xunta de Goberno do pasado 11 de xaneiro, dado que unha das pretensións do Goberno Local é seguir avanzando na inclusión en todos os eidos.