Reunión cos veciños para informar e recoller achegas a varios proxectos

63

A Casa das Campás foi onte pola tarde a sede da reunión do Goberno con asociacións da zona urbana de Pontevedra. Este encontro ao que asistiron os concelleiros Luís Bará e Carmen Fouces enmárcase na liña de traballo de participación e consulta que move a acción do Goberno local, para recibir achegas e suxestións en asuntos que afectan directamente aos veciños: mellora dos espazos urbanos, a mobilidade, a integración social e a dinamización da cidade.

O obxectivo foi pór en común diversos asuntos para coñecer a opinión da veciñanza e achegar suxestións nos seguintes temas:

  1. Actuacións nos espazos públicos urbanos:
    • Conservación e mantemento
    • Novas actuacións
    • Intervencións artísticas nos espazos públicos e en muros, medianeiras, espazos abandonados
  1. Mobilidade e accesibilidade
    •  Accesibilidade: espazos públicos, edificios, comunicación…
    • Propostas de ampliación de zonas de preferencia peonil
    • Mobilidade ciclista
  2. Programas de Benestar Social
    • Voluntariado
    •  Hortas urbanas
  1. Equipamentos: parques, zonas de xogo, aproveitamento de edificios
  2. Medio Ambiente: Plan de Compostaxe
  3. Outros