O Europeo de Maratón de Piragüismo celebrase do 28 de xuño ao 3 de xullo

88

O Concello de Pontevedra celebrou esta mañá unha primeira reunión para organizar o Campionato Europeo de Piragüismo Maratón que se celebrará no río Lérez entre o 28 de xuño e o 3 de xullo. Na reunión estiveron representadas as institucións que integran o Comité de honor, Organizador e Executivo: as federacións Española e Galega de Piragüismo, Concello de Pontevedra, Deputación provincial de Pontevedra e Xunta de Galicia.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores explicou que os días 28 e 29 de xuño será o Campionato de Europa Máster de Piragüismo Maratón, e os días 30 de xuño até o 3 de xullo será o Campionato de elite nas modalidades xuvenís, sub-23 e Sénior. Nestas competicións poderán participar dous deportistas por país (2 masculinos e 2 femininos) nas modalidades de kayak e canoa.

As previsións fixan a participación de 45 países, arredor de 300 deportistas másters, e arredor de 500 en elite.

Segundo explicou o presidente da Federación galega de Piragüismo, Alfredo Bea, está previsto que se faga un test previa ao Campionato de Europa. Será unha media maratón, como un “Open cidade de Pontevedra” aberto a deportistas de todo o Estado para que vaian coñecendo o río Lérez.