Por en valor o pan galego, obxectivo das xornadas Con Moita Miga

146

Por en valor e ampliar o coñecemento deste produto galego e de calidade entre o dun oficio artesán entre o público en xeral, ademais de ser un punto de encontro e de debate do sector. Son os obxectivos de Con Moita Miga, as xornadas do pan galego que desenvolveranse na Casa da Luz e no Mercado de Abastos, do 26 ao 29 de febreiro. Tamén avaliarase a posíbel relación do pan coa imaxe de Galiza.

Concello, a través da Concellería de Promoción Económica e da Cidade; panadeiros, a asociación Con moita miga e o IES Carlos Oroza traballan xuntos nun evento no que terán cabida charlas dirixidas ao sector da hostalería; conferencias e debates sobre a formación dos profesionais e o traballo e promoción do produto, exhibicións de como se fai o pan e cata do produto elaborado, actividades para nenos e até unha noite branca, onde visitaranse os obradoiros de seis panadería.

O sábado 27 de febreiro Con Moita Miga converterá a Praza de Abastos de Pontevedra nunha Panadería ambulante. Poderase facer pan, preguntar todo o que se queira, moer gran, comer roscóns e larpeiradas, facer fermentos, amasar, falar das propiedades nutritivas do pan, enfariñarse…

cartel-con moita miga-2016