O Concello inicia o expediente de catalogación 
do edificio do Alfolí da rúa Galera

86

O Concello de Pontevedra acaba de iniciar o procedemento de catalogación do edificio do Alfolí, situado na rúa Galera, no centro histórico da cidade. O concelleiro responsábel de patrimonio histórico, Luís Bará, asinou onte o inicio do expediente para a súa catalogación e para incorporalo ao Catálogo de edificacións e construcións a conservar do Concello de Pontevedra.
O inicio do expediente faise a instancias do servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia que indica textualmente: “valorada a singularidade da edificación do Alfolí da Galera, a Comisión Territorial do Patrimonio Histórico acorda solicitar a indicación do procedemento para a protección do edificio do Alfolí da Galera, e das construcións anexas á mesma en aras de asegurar a súa conservación e protección”.
O edificio do Alfolí xa está recollido en documentos municipais, cando menos, dende o ano XVI, e estaba destinado a almacén de sal. Non era o único que había na cidade. De feito, están rexistrados outros dous alfolís máis: un nos actuais terreos da vella fábrica de Pazó, e outro na praza do Peirao -próximo a Galera- onde se situada na actualidade o restaurante “O Fanal”.