Descobre a fervenza de Seoane, en Xeve

89

Coñecer o marco da Estada -punto de encontro dos concellos de Barro, Moraña, Campo Lameiro e Pontevedra-; o monte A Caseta coas súas espectaculares vistas sobre Pontevedra e a fervenza de Seoane (ou da Freixa) e a súa contorna. Ë a proposta que fai a Asociación cultural Sondexeve para o domingo, 3 de abril. Unha Festa da Natureza que mestura senderismo, arte, paella e música na parroquia de Santa María de Xeve.

Hai que por en valor o noso patrimonio e dalo a coñecer e gozar del é o mellor maneira de facelo, mantén o concelleiro do Rural, Demetrio Gómez. Sondexeve, en colaboración co Concello, programa a cita da primaveira adiada este ano ao coincidir coa Semana Santa, co fin de compartir coa veciñanza un patrimonio que é de todos. Paisaxe natural, a arte dos canteiros -cunha mostra no Centro Cultural de Xeve- , un xantar de confraternidade e a actuación musical das nenas Nerea e Irene, virtuosas do acordeón e violín son atractivos cos que os organizadores da Festa da Natureza agardan convocar a un gran número de xente.

Cartel Xeve p