Novos espazos públicos en Mollabao e O Burgo, primeiros pasos

49

O Concello da os primeiros pasos cara a facer realidade dos proxectos que ten en carteira e destinados a gañar novos espazos de uso público na cidade. Reservou unha partida de 213.327,07 euros para a adquisición de dúas parcelas: a da desaparecida construtora Malvar de Mollabao e outra no Burgo, fronte a gasolineira.

Coa adquisición da parcela de Mollabao, o Concello pretende crear un gran espazo de lecer cidadá con zonas verdes, equipamentos deportivos e xogos. Para elo confía en chegar a un acordo con Costas para incorporar a parcela que está diante ao proxecto.

No caso do Burgo a compra da parcela, na que durante aos houbo un almacén de construción, permitiría por unha banda permeabilizar a vía interior cara a Xunqueira e acondicionar un espazo público para á veciñanza.

A reserva de cartos fase a cargo das modificacións de crédito aprobada hoxe polo Goberno local e que suman 1.843.275,24 euros. O concelleiro de Economía, Raimundo González, subliñou que as modificacións fanse a cargo do remanente líquido de tesourería.

Os cartos irán destinados aos seguintos cometidos:

• 742.883,78 euros. Axustes de expropiacións por imperativo xudicial e adquisición de terreos            – 242.883,78 euros para expr. Unidad 24; 286.627,93 euros para expr. de Pasarón e 213.327,07 euros para compra das parcelas de Mollabao e O Burgo-

  • 513.921,97 euros. Amortización de débeda
  • 173.913,04 euros. Último plazo da ronda urbana
  • 248.021,37 euros. IMD
  • • 400.000 euros. Adquisición de composteiros individuais e comunitarios.