Este sábado mantense a feira ambulante na rúa Rafael Areses

35

A Concellaría de Mercados, que xestiona Vicente García Legísima, mantén este sábado a Feira ambulante na rúa Rafael Areses como é habitual. En principio estaba previsto o seu traslado porque a proba deportiva 4 picos ía empregar a rúa. Ante as malas condicións meteorolóxicas, os organizadores trasladan os actos que tiñan previsto realizar en Rafael Areses ao Recinto Feiral, por iso se pode manter a Feira de vendedores ambulantes no su espazo habitual.