Nova vida para o centro social de Estribela

19

Rehabilitar e darlle novos e renovados usos ao centro veciñal de Estribela. Un obxectivo que comparte o Concello e a veciñanza de Lourizán tal como quedou acreditado na reunión do Consello parroquial celebrado onte.

Na actualidade o edificio de Estribela acolle un deixado de lado mercado na parte baixa e o centro social na alta. A proposta que se baralla é rehabilitar o inmoble a adicalo a centro social na súa totalidade.

O concelleiro do Rural, Demetrio Gómez, convidou as entidades e colectivos sociais do Consello a que fixeran un plan de necesidades co fin de avalialos en seu conxunto e tratar de definir a estrutura e usos do centro social. Para facer unha posta en común quedaron todos en reunirse o próximo 24 de maio.

Por outra banda Dímetro Gómez deu conta no Consello parroquial das actuacións previstas na zona ao abeiro do Plan de obras do rural-2016 e das actuacións que están en marcha ou a piques de comezar como, por exemplo, a rehabilitación da praza de Os Praceres, que está cos últimos retoques e estará lista para as festas desta fin de semana ou as obras no acceso ao CEIP A Carbelleira que arrancarán nos próximos días.

O concelleiro do Rural tamén lles entregou ao asistentes a moción presentada por Marea Pontevedra no Pleno de abril: programa plurianual 2016-2019 para Lourizán, así como a

acta da sesión para que coñezan as razóns que levaron ao grupo municipal do Goberno a non apoialo. Segundo lles explicou Demetrio Gómez, e queda recollido na acta, a proposta nin foi informada nin conta co consenso da veciñanza. O grupo municipal de Goberno plantexou, sen éxito, aparcar o tema para falar cos implicados e deseñar unha programación falada seguindo as liñas marcadas no propio plan da parroquia.