O acceso a Carballeira, nova mellora en Lourizán

48

O Concello acometerá de xeito inmediato as obras do acceso a Carballeira dende o colexio, do que está a un quilometro de distancia aproximadamente. Esta actuación suporá un investimento de 235.000 euros para a parroquia de Lourizán.

As obras foron adxudicadas a EC Casas. Os traballos comezarán en un prazo de dúas semanas.

El concelleiro delegado da parroquia e coordinador do Rural, Demetrio Gómez, visitou a zona cos veciños e veciñas aos que lles informou do proxecto e adxudicación. Con eles percorreu a zona co fin de que os propietarios fixeran as aportacións puntuais co obxectivo de telas en conta a hora de acometer os traballos.

A obra do acceso a Carballeira incorpora medidas de calmado de tráfico, a sinalización da zona con velocidade 30 e a canalización das pluviais en superficie, a través das vías tradicionais de escorrentia e as cunetas.

Demetrio Gómez valora a boa acollida que ten entre a veciñanza o proxecto -incluído nas propostas do Consello parroquial- e agradece as suxestións feitas polos propietarios xa que eles coñecen ao detalle o trazado