Lores defende a recuperación dos espazos públicos para os veciños, en Charleroi

32

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores participou esta tarde noite na NightShop#6 organizada pola Universidade Católica de Louvain na cidade de Charleroi onde se abordaron as utopías urbanas. Baixo a moderación de Béatrice Delvaux, editora xefe do xornal “Le Soir”, o alcalde explicou o modelo de cidade seguindo un cuestionario sobre cómo se lle ocurriu esta “tola” idea de facer unha cidade así; con que obstáculos se topou no camiño; como unha decisión política como a levada adiante polo Goberno local dende 1999 serven para acadar obxectivos de maior equidade, apertura de guetos, democratización; cales foron os seus “socios” que o acompañaron neste proceso; se custou moitos investimentos e, finalmente, coa situación política actual, coa aparición de tantos partidos populistas extremistas, como manter a confianza nos políticos.

O alcalde explicou que cambiar Pontevedra foi fruto de moitos anos de traballo previo na oposición, dun equipo de persoas convencidas e expertas no que se ía facer, cos técnicos municipais ao fronte, e coa complidade e anuencia cidadá. Os obstáculos foron os habituais: algunhas persoas contrararias ao cambio, pero a maior parte da cidadanía estaba dacordo. E cunha cidade como Pontevedra “todos somos iguais: o rico e o pobre, os nenos e os vellos, os que teñen problemas de mobilidade e os que non”, faise unha cidade máis democrática. E todo, co orzamento municipal.

Tamén se sumou a este debate Georgios Maillis, mestre arquitecto da cidade de Charleroi, que presentou o proxecto de cambio na cidade e recoñeceu que o máis importante é a recuperación dos espazos públicos. Ao igual que Philippe Van Parijs, profesor da l’UCL e de Oxford, que destacou o proxecto de Pontevedra e a súa vertente infantil baseada no proxecto do pedagogo italinao Francesco Tonucci e reivindicou facer as cidades para os nenos.

Marc Fleurbaey, profesor da Princeton University, alabou a “boa xestión da cidade de Pontevedra para cambiar a vida da xente”, e considerou o modelo Pontevedra como “unha boa experiencia”, onde se restablece a democracia básica xa que “non hai zapatos Mercedes ou zapatos Renault”.

A preguntas do público, o alcalde asegurou que non se está a facer todo o que se debera para cambiar a tendencia mundial sobre o cambio climático, no que as cidades teñen moito que dicir ao reducir os tráficos innecesarios dentro das cidades. “O cumio do Clima fixa obxectivos para o ano 2060, e daquela estamos todos mortos”, asegurou, e afirmou que “eu teño a sensación de predicar no deserto”.