A arte rupestre, un filón turístico para Terras de Pontevedra

35

A arte rupestre é un valor turístico de Terras de Pontevedra que ten un longo percorrido por diante e no que se está a traballar. O alcalde de Pontevedra e presidente da Mancomunidade, Miguel Fernández Lores, acaba de asinar un convenio de colaboración coa directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, para a promoción deste produto turístico.

As actuacións incluías no convenio terán un orzamento global de 102.915 euros, dos que 60.000 euros estarán a cargo da Xunta e os outros 42.915 da Mancomunidade Terras de Pontevedra e os concellos integrantes da mesma. Estes concellos son Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade, Barro e Campo Lameiro.

O convenio fai referencia a catro proxectos: Desenvolvemento da APPA Arte Rupestre, unha aplicación para móbiles de realidade aumentada; potenciación do produto turístico Arte Rupestre buscando novos segmentos de mercado o turismo familiar; realización dun blog trip con oito xornalistas/bloggers e o desenvolvemento e posta en marcha dunha plataforma de venta online de viaxes e estancias combinadas no destino.

Convenio asinado