Arranca a 17ª edición da Feira Franca coa reunión do Consello Aberto e a apertura da Oficina en Alfonso XIII

22

A Feira Franca ponse en marcha. O Consello Aberto da Feira Franca reúnese mañá pola tarde, a partir das 20.00 horas, no Concello para facer valoración da pasada edición e ir tratando a temática desta vindeira cita que será o 2 e 3 de setembro.

Ademais, dende este mércores, 15 de xuño, estará aberta a Oficina da Feira Franca no antigo edificio do Conservatorio, na rúa Alfonso XIII. Como vén sendo habitual, a Oficina da Feira Franca tramitará todas as solicitudes para participar no mercado tradicional, nas ceas e xantares, así como todas as solicitudes da hostalería.

O horario de atención ao público é de 09.00 a 14.00 horas, e as peticións poderanse presentar até o 15 de xullo.

O teléfono de contacto da Oficina da Feira Franca é 986 860 587.