Fotografías e curtametraxes contra as condutas adictivas

287

Amplíase o prazo de presentación do concurso de fotografía e video de prevención de condutas adictivas ata o 21 de outubro de 2016.

Aproveitar o talento dos nosos universitarios e implicar aos mozos e mozas na loita contra as condutas adictivas, é o dobre obxectivo que hai detrás do Concurso Universitario de Fotografía e Curtametraxe de Prevención de Condutas Adictivas que convoca a Concellería de Benestar Social Municipal (BSM) en colaboración coa Universidade de Vigo e a Consellería de Sanidade.

O Plan municipal de prevención de condutas adictivas acumula un percorrido de 20 anos e engade agora a comunidade universitaria entre os seus obxectivos. “Que mellor que sexan eles mesmos os que aporten ideas na súa linguaxe, impactantes que podan servir de base para campañas de sensibilización e prevención do consumo de sustancias adictivas”, apunta a concelleira de Benestar Social, Carme Fouces. Ao seu carón o vicerreitor do campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho, quen enmarca o concurso na estreita relación que manteñen a Universidade e o Concello e que, como moitas outras veces, ten unha interesante compoñente multidisciplinar.

Bases concurso fotografía e vídeo para a Universidade

Formulario concurso, folla de inscrición