Redeaxuda mellora a súa web

41

O Concello de Pontevedra puxo on-line esta mañá a nova páxina web de Redeaxuda coa dirección de sempre: www.redeaxuda.com. Cunha imaxe similar á páxina xeral do Concello pontevedra.gal, a nova páxina de Redeaxuda recolle todas as necesidades priorizadas polas entidades que a integran, e explica, de xeito, máis claro os seus contactos, as súas especialidades no eido social, como facerse voluntario das entidades ou os procesos de negociación hipotecaria que tamén xestiona o Concello xunto co Colexio de Avogados de Pontevedra a través de Redeaxuda.

A páxina dispón na portada dun espazo das necesidades inmediatas das asociacións, do seu facebook, e un espazo para as novas relativas ao seu traballo. Ademais, destácase na páxina principal o acceso directo ao voluntariado de Redeaxuda e tamén á empresa social Feito, creada pola Fundación Amigos de Galicia.

No menú da web, ademais de explicar Redeaxuda, os seus obxectivos e creación, ademais dos apoios cos que conta, tamén se pode acceder a todas as asociacións que a integran, aos servizos que prestan, e as necesidades de voluntariado que teñen algunhas delas.

Un dos cambios da páxina é o contacto electrónico con redeaxuda, que dende hoxe farase a través do correo redeaxuda@pontevedra.gal